Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 22 de diciembre de 2013

Resultados Fin de Semana 22-12-2013

1º CONTROL MARCAS DE INVERNO. MÓDULO CUBERTO LUGO
 
O pasado sábado 21 de Decembro se disputou no módulo cuberto de Lugo o 1º Control de Marcas de Inverno, na cal tomaron parte dúas atletas do club, no que era o seu primeiro contacto da temporada na competición en pista.
 
Marta Sureda e María Jóse Molejón lograron o primeiro e segundo posto respectivamente no lanzamento de peso absoluto (4 Kg). Marta lograba un mellor lanzamento de 7.39 metros, mentras que María Jóse lograba unha marca de de 4.94 metros.
 
LUGO MONUMENTAL.
 
O domingo 22 de Decembro  disputouse en Lugo a XI Edición da Lugo Monumental, na cal tomaron
parte un numeroso grupo de atletas do club. Destacar unha vez máis os bos resultados nas categorías de menores, onde se lograron dous podiums. Na categoría B, Cristian Santos lograba o segundo posto, mentras que na categoría C, o atleta Gael Jaúregi lograba o tercer posto.

 
Na mesma categoría B, Vanesa Blanco lograba unha meritoria 11º posción, mentras que Nerea Lage entraba no posto 26.
 
Xa na categoría C, bo nivel dos atletas do club, logrando Pablo Piñón a Adrián Lage a cuarta e sexta posición respectivamente. O debutante Jesús Cabado entraba no posto 40. Tamén destacadas as nenas, xa que Andrea García e María Carballido lograban a 9ª e 11ª posición respectivamente.
 
En canto a clasificación dos adultos, os resultados foron os seguintes:
 
Felipe Barata- posto 128
Marcos Lage- posto 162
Diego Vallejo- posto 212
Jesús Rivas- posto 243
Diego Tripo- posto 268
Roberto Barata- posto 522
Ramón López- posto 593
Ángel Domenech- posto 627
María del Mar Pérez- posto 72 F
Judith Prado- posto 146 F
Ana Novo- posto 151 F
Ester Mourenza- posto 213 F

sábado, 7 de diciembre de 2013

 CROSS CONCELLO DE FRIOL CATEGORÍAS DE MENORES

Cunha nutrida participación dos mellores clubs e colexios da provincia, celebrouse o pasado 6 de decembro a I Edición do Cross Concello de Friol para as categorías de menores do atletismo, e na cal tomaron parte máis de 40 atletas do noso club, logrando un total de cinco podiums nesta edición.

Así, na categoría benxamín masculina, David Fariñas lograba a segunda posición. Mentras, na categoría infantil femenina, María Carballido conquería a terceira escalafón do podium.

Gran resultado tamén dos atletas da categoría cadete, xa que Ana Varela lograba gañar a proba, mentras que Andrea García entraba en terceira posición. Pola súa parte, Gael Jaúregi era segundo na proba masculina.

Os resultados completos poden verse aquí:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Lugo/lu061213.pdf



CAMPEONATO PROVINCIAL ABSOLUTO DE CROSS

Tamén se celebrou en Friol na mesma xornada o Campeonato Provincial de Cross e na cal tomaron parte 7 atletas do club, no que para moitos deles era o debut nun evento desta categoría. O club logrou un podium neste evento, gracias o segundo posto conquerido por Carmen Expósito na categoría F55.

Na proba xuvenil, Rubén Ceide e Nilo Castro eran sexto e octavo respectivamente. Polo que respecta a categoría senior femenino, Ana Novo e Ester Mourenza lograban a cuarta e quinta posición neste orde. Xa na categoría de veteranas F40, María José Varela entraba no cuarto posto.

Por último, na proba masculina, Jesús Rivas lograba a quinta posición na categoría M-35.

Os resultados completos no seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Lugo/l061213.pdf

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Cambio en el circuito de Campeonato Provincial de Cross en Friol

Circuito Campionato Provincial Cross Friol


Debido a problemas coa finca onde nun principio ía realizarse o circuito do Campionato Provincial de Cross de Friol, tivose que cambiar a súa ubicación.
Segue estando nas inmediacións do Campo de Fútbol de Friol.
As distancias vense lixeiramente modificadas dado o novo recorrido.

NOVO CIRCUITO FRIOL

domingo, 1 de diciembre de 2013

Resultados Fin de semana 1 Diciembre 2013

CAMPEONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA E 10 KM DE CAMBADOS


 Este 1 de Decembro  disputouse o Campeonato de Marcha en Ruta na localidade de Ribeira, e na cal o club estaba representado a través de Héctor Rodríguez. O discípulo de José Peña lograba a terceira posición cun crono de 19.05 minutos e, polo tanto, a medalla de bronce neste autonómico. Esta medalla supón a primeira medalla para o club a primeira medalla nun galego. Noraboa tanto o xoven atleta como o seu adestrador.
 
Polo que respecta os 10 km de Cangas, dous atletas do club tomaban parte na proba. Na categoría femenina, María del Mar Pérez lograba o posto 24 da xeral femenina cun crono de 49.38 minutos, o que supón a súa MMP na distancia. Pola súa parte, Ramón López lograba o posto 221 da xeral cun crono de 44.51 minutos.



O mellor atleta do mundo este ano designado pola IAAF foi, un ano máis, Usain Bolt

http://www.youtube.com/watch?v=5Dd3MpyUvOA