Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 27 de octubre de 2014

Resultados Fin de semana 26 de outubro

PEDESTRE DE SANTIAGO

O pasado 26 de Outubro  disputouse a Pedestre de Santiago, a carreira popular máis importante do calendario galego xunto ca San Martiño de Ourense. A ela acudiron sete nenos e nenas do club, que tomaron parte na proba de menores, logrando uns bos resultados nunha proba de nivel galego.

Así, na categoría alevín foi donde se obtiveron os mellores resultados, xa que Noelia Sánchez lograba a séptima posición e o seu compañeiro de equipo Noel Villarábide entraba nun meritorio quinto posto, moi cerca das posicións de podium.


Polo que respecta a  categoría infantil, tamén moi destacados Cristian Santos, Miguel Sánchez e Vanesa Blanco. Os rapaces finalizaban na octava e trixesimocuarta posición respectivamente, mentras que Vanesa lograba finalizar no posto 16.

O cadete Adrián Lage finalizaba a carreira no posto 13 dentro da súa categoría e, por úlitmo, o xuvenil Cristian Montecelo lograba a posición 15.

Gran actuación por tanto destes xoves atletas que debutaban nesta importante e dura proba que se disputaba sobre os esixentes 7 kilómetros das rúas de Compostela. Ademáis catro dos nenos alí presentes lograban meterse entre os 100 primeiros dun total de 1500 atletas.




CARREIRA ARUMES DO CORGO

Tamén houbo representación do club na carreira popular Arumes do Corgo, que se disputou nesa vila lucense.

Así, na categoría prebenxamín Aldara Ceide lograba a cuarta posición nesa categoría, mentras que na categoría alevín femenino, Paula Piñón entraba no noveno posto, mentras que as súas compañeiras de equipo Irea Ferreiro e Uxúe Gómez lograban o décimo e décimosexto posto respectivamente.

Por último, na categoría cadete, Alex López lograba a décima posición.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Resultados fin de semana 5 de outubro

CORUÑA 10.
 
O Pasado 5 de Outubro disputouse unha das probas máis imporantes do calendario de carreiras populares de Galicia, a proba Coruña 10, que contou ca presencia de catro atletas das categorías de menores do club, que tiveron unha destacada actuación.
 
Así, Cristian Montecelo era o primeiro en competir e lograba unha meritoria sexta plaza sobre os casi tres kilómetros do que constaba o trazado herculino. O seu compañeiro de equipo Adrián Lage lograba a mesma posición na proba cadete, evidenciando un bo estado de forma.
 

Polo súa parte, moi boa tamén a competición dos atletas infantiles Cristian Santos e Vanesa Blanco, que lograban a oitava e a decimoctava posición das súas respectivas probas.
 
Polo tanto, bó balance dos chavales nunha das primeiras citas importantes da temporada, onde todos eles competían como atletas de primeiro ano ante os mellores atletas galegos do seu grupo de edad.

miércoles, 1 de octubre de 2014

I Andaina Popular Concello Friol

            A I Andaina Popular Concello de Friol, que tivo lugar o pasado sábado día 28 de setembro. Gracias a todos pola numerosa participación nesta nova oferta de ocio e de actividade deportiva que propoñemos para toda a familia, co fin de crear un amplio tejido tanto atlético como de práctica de hábitos saudables.

            Con unha presencia de casi 200 persoas de todas as edades presentes nesta andaina, e dado o interés despertado entre todos, esperemos que máis pronto ca tarde volver a convocarvos a novas rutas.

Resultados Fin de semana 28 setembro


CAMPEONATO GALEGO 10 KM EN RUTA
 
      Disputado o domingo 28 de setembro na localidade de Ribeira, se disputou o Campeonato Galego de 10 km en ruta, ca presencia da atleta Carmen Expósito. A atleta monfortina lograba a medalla de prata da categoría W-55, logrando finalizar o percorrido nun crono 57.45 minutos

 
 
MARALBA. O GROVE-CAMBADOS
 
         O pasado 28 de Setembro se disputaba a I Edición da Maralba, a media maratón que une as localidades de O Grove e Cambados, e na cal tomaron parte 3 atletas do club, logrando os seguintes resultados:
 
Felipe Barata- posto 70   1.27 h
Ramón López- posto 270   1.42 h
Mar Pérez- posto 23 F   1.55 h