Atletismo Friol

Atletismo Friol

lunes, 20 de marzo de 2017

Resultados Fin de semana 19 de marzo

CAMPEONATO GALLEGO BENXAMÍN E ALEVÍN DE PISTA CUBERTA. A
CORUÑA

O pasado sábado 18 de Marzo se disputou no vetusto pazo de deportes de Riazor o Campeonato Gallego de pista cuberta para as categorías benxamín, alevín e infantil, o cal acudiron catro atletas do club, e onde se lograban dous meritorios pódiums.

Así, na proba do salto de altura benxamín, Noa Mouriz lograba a medalla de plata cun mellor salto de 1.10 metros, mentras que a súa compañeira de equipo Aldara Ceide facía idéntico posto na proba dos 1.000 metros lisos, onde remataba cun crono de 3.46 minutos.

Tamén particparon neste evento Carla Reija e Ramón Loureiro. A primeira o facía na proba dos 1.000 metros lisos alevín, onde lograba a quinta posición cun tempo de 3.43 minutos, mentras que era décima no salto de altura cun mellor salto de 1.12 metros. Ramón acadaba a novena posición na proba dos 500 metros alevín.


CAMPEONATO DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA CADETE DE PISTA CUBERTA.ANTEQUERA

No pasado campeonato de España de pista cuberta, tomaron parte Noelia Sánchez e Lucía Varela na proba dos 1.000 metros lisos. Ambas debutaban nun evento destas características. Noelia era sexta na súa semifinal, onde marcaba un crono de 3.08 minutos, mentras que Lucía lograba a novena posición sa súa semifinal cun tempo de 3.09.

CORRE CON NÓS. AS TERMAS

Terceira puntuable do circuito lucense de carreiras populares do Corre con Nós, e no cal o club lograba un total de catro pódiums nas categorías inferiores.
Así, Cristian Santos gañaba a proba na categoría cadete, mentras que as súas compañeiras de equipo, Vanesa Blanco e Eva Freire lograban o segundo e tercer posto na categoría cadete femenino. Polo que respecta os benxamines, Aldara Ceide gañaba a proba.
Xa na categoría de adultos destacaba a quinta posición na categoría femenina de Sonsoles Martín, ademáis de lograr a victoria na categoría xuvenil. Tamén destacada foi a decimoséptima posición da xeral do xuvenil Adrián Lage, na que sería terceiro nesta categoría. O resto da actuación do equipo foi a seguinte:

Jesús Rivas- posto 31
Diego Fernández- posto 36
Diego Trigo- posto 93
Manuel Ceide- posto 346
Fernando González- posto 429
José Angel Vázquez- posto 477
Paula García- posto 100 F
Ester Mourenza- posto 122 F
Ana Novo- posto 134 F

No hay comentarios:

Publicar un comentario