Atletismo Friol

Atletismo Friol

domingo, 4 de junio de 2017

Resultados Fin de semana 21 de maio

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO. LUGO
 
O pasado 21 de Maio se disputou en Lugo o Campeonato Provincial para as categorías benxamín, alevín e infantil e onde os nosos nenos e nenas lograban un total de 10 podiums.
 
Así, na categoría benxamin femenino, Noa Mouriz lograba a medalla de ouro, a súa compañeira Aldara Ceide se facía tamén co titulo provincial na proba dos 1.000 metros lisos e Carla Reija se impoñía nos 500 metros lisos na categoría alevín.
 
Polo que respecta as medallas de prata, Ramón Loureiro a conquería na proba dos 1.000 metros benxamín e Rebeca Arias tamén nos 1.000 metros da categoría alevín.
 
Por último, as medallas de bronce se gañaban nos 80 metros valos a cargo de Nerea Montes, no lanzamento de xabalina a través de Leire Santos, David Fariñas no salto de altura e nos 1.000 metros lisos, todos eles da categoría infantil, mentras que o benxamín Samuel Villar o facía nos 500 metros benxamín.
 
 
 
CORRE CON NÓS. RECINTO FERIAL
 
O pasado sábado 20 de Maio se disputou unha nova proba do Corre con Nós, e onde estiveron presente un bo número de atletas do club. Por primeira vez se fixo unha crontrareloxo por equipos, onde o noso club lograba o séptimo posto da xeral. O equipo formado por Paula García, Ester Mourenza, Ana Novo, Jesús Rivas, Diego Trigo e Marcos Lage facía un tempo de 24 minutos na liña de meta.
 
Polo que respecta a proba habitual, o primeiro en entrar na liña de meta era Jesús Rivas, que o facía no posto 28 da xeral, mentras que Manuel Ceide o facía no 231, Juan Carlos Varela no 288, Fernando González no 329, José Angel Vázquez no 339, Paula García no 75 das féminas, mentras que Ester Mourenza e Carmen Expósito o facían no 81 e no 89, respectivamente.
 
 
TROFEO ATLETISMO LUGO.
 
O venres 19 de Maio se disputou nas pistas do Gregorio Pérez Rivera o Trofeo Atletismo Lugo, proba na que o club tivo un destacado papel na organización do mesmo.
 
Salientar a victoria de María Carballido nos 800 metros lisos, nos que marcaba un crono de 2.28 minutos, Pola súa parte, Samuel Castedo facía un mellor rexistro de 1.61 metros no salto de altura, marca que lle daba o terceiro posto da xeral e unha MMP. Alejandro Fernández saltaba 1.55 na mesma disciplina.
 
Pola súa parte, Jorge Santos tamén tiña un brillante papel na proba de lanzamento de disco, onde mandaba o artefacto a 34.02, o que lle supoñia o segundo posto e unha nova MMP. Esteban Iglesias facía un mellor rexistro de 17.41 metros.
 
Por último, nos 600 metros lisos da categoría cadete, Mateo Jaúregui facía un tempo de 1.44 minutos, obtendo o noveno posto, mentras que Noelia Sánchez entraba na cuarta posición cun tempo de 1.41 e Lucía Varela era sexta cun tempo de 1.48 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario